Concurso de Curtas

Polo XV Aniversario do Festivaliño on the Road, organizamos un concurso de curtametraxes infantís de todo o mundo. As curtas gañadoras, ademais de recibir premios e trofeos, serán proxectadas cada vez que se programe o Festivaliño 2023.

QUE É O FESTIVALIÑO

É un pequeno gran festival para nenos e nenas.

A actividade ten dúas modalidades:

  • a proxección de curtametraxes, 
  • ou a proxección das curtas alternada coa actuación musical de Dani & Kids ou cun espectáculo teatral: Conversas con Tana, que está baseado na ventriloquía.

Estas actuacións teñen esencia educativa, espírito festivo, divertido e moi participativo.

Calquera das dúas modalidades desenvólvese en bloques de 20 minutos.

Propiciamos unha nova xanela de exhibición de pezas audiovisuais para un público infantil de 0 a 12 anos, achegando novos contidos audiovisuais aos nenos e nenas dunha maneira lúdica á par que didáctica.

Promovemos a achega do cinema aos máis novos facendo fincapé na contorna rural, posto que nestes lugares cada vez hai menos espazos para o visionado en salas convencionais. Con esta iniciativa pretendemos, en parte, resolver esta cuestión.

Algúns dos títulos que proxectamos son:

  • I WISH
  • HISTORIA DE UN OSO
  • PULPOS NAMORADOS
  • PAXARIÑOS
  • PIPER

Axenda do festivaliño

Galería Valentina

VEN pasalo pipa!

Patrocinadores

Empresas e Institucións

Un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante acompañado de obradoiros, música, rodaxes, e moitas sorpresas!

Concurso de Curtas

O Festivaliño