QUE É O FESTIVALIÑO
É un pequeno gran festival;
Un proxecto de distribución, exhibición e creación decine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por toda o noroeste peninsular.
Acompañado de obradoiros, música, rodaxes, e moitas sorpresas … un evento solidario onde os nenos e nenas axudan a outros pequenos e pequenas a través dunha pulseira solidaria.
Propiciar unha nova xanela de exhibición de pezas audiovisuais para nenos e nenas, público infantil de 0 a 12 anos, achegando novos contidos audiovisuais dunha maneira lúdica á par que didáctica.
Promover a achega ao cinema polos máis novos, facendo máis fincapé no entorno rural, posto que os espazos para o visionado en salas convencionais son cada vez son menores. Con esta iniciativa preténdese, en parte, resolver esta cuestión.
Preséntase como unha actividade ideal para complementar calquera programación cultural de concellos, asociacións culturais, comisións de festas, festivais, etc.
Unha nova xanela de explotación para as películas de curta duración. Unha parte da contratación da prestación do servizo destinarase directamente a pago de royalties ás películas proxectadas.
Patrocinadores
Empresas e Institucións




Navegación
O Festivaliño
- +34 645 56 52 30
- festivalinokids@gmail.com
- Dosier Festivaliño
- Aviso Legal
- Política de Cookies